IC Boiro demanda melloras no mercado municipal

Dende Iniciativa Cidadá de Boiro demandamos unha serie de melloras na praza de abastos. Entre elas, a dotación de chan antideslizante ante as numerosas caidas que estan ocurrindo ou a posta en servizo dos aseos abandonados e cheos de basura da planta baixa.
Solicitamos ademais que se habilite unha sala de reunións na entreplanta e a presenza dun encargado que sirva de enlace entre os praceiros, os usuarios e o concello. Dende a nosa formación pedimos ó concello que teña en conta as reivindicacións dos praceiros que levan sete anos demandando estas medidas.